Concello de Ponteceso

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello

Andando por Bergantiños: Xornes e Langueirón

11 de marzo de 2018


O Instituto de Estudos Bergantiñáns, coa colaboración do Concello de Ponteceso, presenta o domingo 11 o caderno da serie Andando por Bergantiños dedicado ás parroquias de Xornes e Langueirón.

O acto terá lugar ás 18.00 horas na Casa dos Veciños de Xornes. Actuará o grupo de gaitas da Asociación Cultural San Xoán de Xornes e ao remate servirase un viño galego.

Todas as persoas asistentes serán agasalladas con dous exemplares do caderno.

A entrada é libre e de balde.

Trinketrinke presenta "Avós" nun espectáculo infantil con Apego

19 de marzo de 2018

III Xornada de Xénero

Do 8 ao 21 de marzo de 2018

Desde a Área de Biblioteca organizamos, arredor do 8 de Marzo, a III Xornada de Xénero, na que abordaremos a problemática da muller desde unha perspectiva lúdica.

Os días 9, 15 e 21, ás 18.30 horas, actuarán na Biblioteca Municipal, poderemos escoitar os contos para cambiar o conto de Soledad Felloza, o contacontos Tecendo con Estrela de Tero Rodríguez e a biografía de Ánxeles Alvariño "Polo correo do vento".

A entrada é libre e de balde.

AXENDA DEPORTIVA DA FIN DE SEMANA

23 marzo 2018

Oito locais participan na VI Ruta de Pinchos de Ponteceso

31 marzo 2018

Cartel da VI Ruta de Pinchos

Produtos frescos da ría e música galega na I Festa Marisqueira

29 marzo 2018

Desde o xoves 29 pola tarde ata o sábado 31 pola noite, na I Festa Marisqueira de Ponteceso, poñeranse á venda racións de ameixas á mariñeira, navallas á prancha, berberechos ao vapor e en empanada, polbo e ourizos. Os prezos non están fixados porque dependerán do mercado, pero intentarase que sexan prezos populares.

As degustacións, que se realizarán ao mediodía e pola tarde-noite, inclúen tamén a promoción dos viños do país e da música galega.Pero a cousa non remata aí, porque o sábado a partir das 14.00 horas tamén teremos unha paella xigante, con 1.000 racións en total que se venderán a 5 euros.

A animación está garantida desde o minuto 1, porque no acto inaugural, o xoves ás 20 horas, contaremos coa Charanga Mekánica. O venres estará en Ponteceso “O cego na feira”, un espectáculo de música e teatro do que asistiremos a varios pases ao longo da xornada, e pola noite teremos aos incomparables Festicultores en Concerto. E o sábado seguirá a música, coa orquestra Essencia tanto na sesión vermú coma na verbena. E para o público familiar teremos ao Mago Álex a partir das 17 horas.

Actos litúrxicos da Semana Santa de Corme

23 marzo 2018

Cartel Semana Santa Corme

Romaría da Virxe da Estrela en Corme Aldea

2 abril 2018

Actividades deportivas para a fin de semana

7 abril 2018


"Medrar con intelixencia emocional", unha actividade con Apego para familias con nenos/as de 0 a 12 anos

13 abril 2018



1  2  3  4  5  6 ... 11
Concello de Ponteceso