Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Abanca, Afigal e o Concello promoven un encontro informativo coa Asociación de Empresarios de Ponteceso

A xuntanza celebrarase maña xoves ás 21.00 horas, e as persoas interesadas poden confirmar asistencia no 648 225 452 ou por e-mail a dmanteiga@abanca.com

Superado o centenar de participantes na Travesía Costa Abanca Duacode Balarés, que se celebrará o vindeiro domingo 22

O prazo de inscrición para a proba, na que colabora o Concello de Ponteceso a través da Concellaría de Deportes, remata este domingo 15 ás 23.59 horas

Bases da convocatoria para a contratación de 4 oficiais de 2ª en albanelería por un período de 5 meses

No documento adxunto figuran as bases da convocatoria para selección, mediante concurso-oposición, de traballadores dentro do programa de integración laboral mediante a execución de obras e servizos mínimos municipais da Deputación Provincial da Coruña.

Ao final das bases aparece o formulario de solicitude de participación no proceso selectivo.

A instalación de pasarelas de madeira mellora a accesibilidade nas praias de Balarés, Ermida e Osmo

O Concello realiza un investimento de 48.000 euros, no que tamén se inclúe o acondicionamento dun treito da ruta homologada de Ponteceso a Corme

Sete equipos participan este sábado no III Torneo de Fútbol 9 A

A competición disputarase a partir das 09.00 horas no campo de fútbol de herba natural da Campara

Volve a Escola de Verán á aldea do Couto cunha programación centrada na seguridade viaria

Os nenos e nenas de 3 a 16 anos que desexen participar poden inscribirse na Casa dos Veciños os sábados de 12 a 14 h e de 17 a 18 h

As bandeiras azuis ondearán a partires de mañá domingo nos areais de Balarés, Ermida e Osmo

Este verán o servizo de salvamento e socorrismo tamén estará operativo na praia de Niñóns os domingos e festivos


1 ... 12  13  14  15  16 ... 27

Concello de Ponteceso