Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O Museo de Arte Contemporánea acollerá o sábado 6 a exposición do proxecto de cartografía mítica do cabo de Corme

A mostra, que recompila aspectos xeográficos, ambientais e simbólicos, presentarase ás 18:00 horas nun acto aberto a toda a veciñanza

O departamento de Cultura de Ponteceso organizará o venres 5 unha xornada divulgativa, dirixida ás familias, para abordar o uso das TICs entre a mocidade

As persoas interesadas en participar nesta actividade, que será de balde, teñen de prazo ata o mércores 3 para inscribirse no departamento de Cultura ou chamando ao 881 983 683

A Área de Normalización Lingüística organiza un taller de escritura impartido pola autora cormelá María Suárez González

A actividade, dirixida a persoas maiores de 14 anos, desenvolverase os días 4, 11 e 25 de abril e o 2 de maio ás 18:30 horas na Biblioteca Municipal

A cantautora MJ Perez ofrecerá un concerto no Edificio das Escolas de Ponteceso para promover o uso da lingua entre a mocidade

A actuación, promovida polo Servizo de Normalización Lingüística, terá lugar o sábado 6 a partir das 22:00 horas

As ?Bolboretas? de Soledad Felloza porán o broche final ás IV Xornadas de Xénero organizadas pola Área de Biblioteca

O espectáculo terá lugar o venres 29, a partir das 18:30 horas, na Biblioteca Municipal

A Concellería de Educación achega ao alumnado do IES Eduardo Pondal o discurshow ?Código Sapiens?, protagonizado polo polifacético Vicente Mohedano

A actividade levarase a cabo o xoves 28 no Edificio das Escolas coincidindo coa Semana Cultural do centro


1 ... 12  13  14  15  16 ... 20

Concello de Ponteceso