CONCELLO DE PONTECESO
Concello :: Novas
O Alcalde de Ponteceso e o conselleiro de Cultura en funcións, Román Rodríguez González, asinaron onte un convenio entre Turismo de Galicia e o Concello de Ponteceso para construír unha multiárea de servizo para autocaravanas en Corme Porto. Turismo achegará 30.000 euros, o concello 18.345,19 euros máis a redacción e a dirección de obra do proxecto construtivo. A nova área situarase nun terreo cedido ao Concello, non lonxe da praia da Arnela e do pavillón municipal e pista de pádel. A nova área ten que estar rematada, pagada, e xustificado o convenio, o 15 de novembro de 2020. Ata sete autocaravanas van poder realizar o servizo a un tempo.
As 7 prazas para autocaravanas, 5 de 5,5x8,5 m. e 2 de 4x10 m. Para a execución destas prazas realizarase o movemento de terras para a creación das explanadas de aparcamento e un vial de 5,5 m. de anchura que de acceso a ditas prazas.
O pavimento do vial de acceso consistirá en 15 centímetros de grava, rega semiprofunda e 5 centímetros de aglomerado en quente e o pavimento das prazas terá 10 centímetros de zahorra e 12 centímetros de formigón en pavimento con mallazo de 20x20Ø8 mm. Este pavimento terá pendente cara a zona central da praza onde se instalará unha arqueta sumidoiro.
Instalaranse 6 estacións de servizo de augas que disporán de conexión a abastecemento (enchido dos depósitos), e saneamento para a evacuación das augas e grises e negras das autocaravanas. Para o servizo de abastecemento instalaranse 40 m de tubería de PE Ø63, 10A PE50A e 47,5 m tubería de PE Ø32, 10A PE50A de previa instalación de foxo. Ademais, valórase a colocación dunha válvula de comporta, coa arqueta asociada e 6 arquetas con chave de corte.
Para o servizo de saneamento instalaranse 92,5 m. de tubería de Ø200 mm de PVC SN-4 que conducirá as augas á rede xeral. Tamén se instalarán tres pozos de rexistro con tapa D 400, un deles para realizar a conexión a rede xeral. Os desvíos cara as prazas realizaranse con enlaces mediante toma enxerto.
A rede de pluviais executarase con 50 m de tubo de PP corrugado Ø315 mm SN-8 e 30 m. de de tubo de PP corrugado Ø250 mm SN-8 que conectarán cos sumidoiros das prazas. Tamén se instalará unha canaleta con reixa D 400 na conexión do vial de acceso coa Rúa Cubeiro - Completa a obra a reposición dos firmes nos cruce da estrada, a colocación dun sinal de STOP, 2 de sinais informativas de aparcadoiro de autocaravanas e pintado das liñas de bordo e simboloxía do vial de acceso.
O prazo para a presentación de solicitudes comeza mañá, mércores 5 de agosto
A iniciativa, impulsada no verán deste 2020, nace co propósito de dinamizar a vida sociocultural da vila
O programa continuará ao longo do mes de agosto
As obras, por un total de 530.000 euros, teñen como obxectivo atraer novos veciños aos núcleos rurais de Ponteceso, promocionar os lugares singulares como A Costa en Corme Aldea, e impulsar o centro residencial de Bardaio