Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

BANDO EXPOSICIÓN PÚBLICA CENSO ELECTORAL

As listas electorais estarán expostas ó público para que os/as interesados/as as consulten para os efectos da presentación de reclamacións. O período de reclamacións vai dende o 22 ata o 29 de abril 2024 (ámbolos dous incluídos).
Tódalas persoas interesadas poderán comproba-los seus datos electorais nas dependencias municipais do Concello, durante os días hábiles, de luns a venres, de 09.00 h. a 14.00 h., presentando o DNI (orixinal), ou documento análogo, ou tamén chamando ós teléfonos de consulta: 900 343 232 (gratuíto) – 981 217 439.

AGADER. PLAN DE MELLORA DE CAMIÑOS RURAIS 2023-2024

Documento gráfico da obra: Camiño de Torres de Tallo a Bouza e outro.

TERCEIRA ACTA DO TRIBUNAL PARA FORMAR UNHA BOLSA DE EMPREGO, CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL, DE OPERARIOS DE OBRAS E SERVIZOS, AO ABEIRO DO PEL CONCELLOS 2024

O día 26 de marzo de 2024, ás 10:30 h reúnense as persoas que forman parte do tribunal para formar unha bolsa de emprego, contratación laboral temporal, de operarios de obras e servizos ao abeiro do programa de integración laboral PEL CONCELLOS 2024 da Deputación Provincial da Coruña, por medio de concurso-oposición.
Pode consultar a acta picando na seguinte ligazón.

O CONCELLO INICIA A CAMPAÑA DE TRAMPEO PRIMAVERAL DE RAÍÑAS DE VESPA VELUTINA

O Concello de Ponteceso inicia a campaña de trampeo primaveral de raiñas da vespa velutina, xa que esta é a época na que as raíñas fundadoras comezan a formar os niños e, por tanto, o momento no que debe realizarse un maior esforzo para evitar o xurdimento de novas colonias.
A captura de raíñas faise dende marzo ata finais de maio, coincidente coa fase de construción e actividade do niño primario.
A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Concello iniciou a colocación de trampas en puntos estratéxicos das catorce parroquias do termo municipal, centrándose especialmente en espazos verdes, parques e prazas públicas.
Ao mesmo tempo, o Concello fai un chamamento á colaboración e implicación da cidadanía nesta campaña, polo que pon a súa disposición trampas e líquido atraínte.
Estes dispositivos poderán solicitarse mediante o seguinte formulario https://forms.gle/hB5aCxJqgXoo1WGs6 e serán entregados o vindeiro día 8 de marzo de 2024 ás 12:00 horas no salón de plenos do Concello. A cambio, o compromiso de contabilizar as raíñas capturadas e trasladar a información aos responsables do Concello que van realizarán o seguemento para coñecer os puntos nos que exista unha maior presenza de velutinas.
Antes de proceder á entrega do material terá lugar unha charla informativa sobre a vespa velutina.
Así mesmo, lémbrase que no caso de detectarse un niño de vespa velutina é preciso chamar ao teléfono 012 para poñelo en coñecemento da Xunta de Galicia e proceder á súa eliminación.

BANDO ALCALDÍA LIMITANDO A CARGA E DESCARGA.

O artigo 42 da Ordenanza núm. 22 xeral municipal sobre tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade viaria (publicada no BOP núm. 239, do 19/12/2011) establece que a Alcaldía poderá ditar disposicións que regule o horario permitido para realizar as operacións de carga e descarga.
Tendo en conta o anterior, dispoño:

Primeiro.—No relativo ao estacionamento de vehículos no casco urbano de Ponteceso,
atenderáse en tódalas rúas do mesmo ao establecido na sinalización vertical que en cada momento se dispoña.

Segundo.—As operacións de carga e descarga de mercadorías levaránse a cabo de conformidade co disposto nos artigos 38 a 49 da Ordenanza número 22, xeral municipal sobre tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade viaria, nos espazos debidamente sinalizados ao efecto, coas marcas viais e sinais regulamentariamente establecidas

Terceiro: De conformidade co artigo 42.2 e 1) da Ordenanza núm. 22 xeral municipal sobre
tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade viaria (publicada no BOP núm. 239, do 19/12/2011) no que se establece que a Alcaldía poderá ditar disposicións que regule o horario permitido para realizar as operacións de carga e descarga, esta Alcaldía considera necesario limitar o horario de carga e descarga de mercadorías nas horas nocturnas , dado que afecta ao descanso da poboación polo que:
QUEDA PROHIBIDA AS OPERACIÓNS DE CARGA E DESCARGA DE MERCADORÍAS ENTRE AS 23.00 DA NOITE E 7:00 DA MAÑÁ

Cuarto.- É obrigarorio deixar limpa a vía pública e limpar inmediateamente despois da carga e descarga os pozos e os sumidoiros que estean afectado. No caso de non o facer, o Concello adoptará as medidas legalmente previstas na Ordenanza xeral de limpeza e medio natural e demais bens de dominio publico.

Quinto.- O presente Bando entrerá en vigor ás 8:00 horas do día seguinte a súa firma, debendo
procederse á publicación do seu texto íntegro nos medios de comunicación social e no Taboleiro de Anuncios do Concello, así coma dar traslado do contido do mesmo á Policía Local para o seu efectivo cumprimento, e á brigada de obras para operar o cambio da sinalización que proceda.

CORTE XERAL DE AUGA MUNICIPAL NA RÚA PONDAL EN CORME-PORTO

Por mor das obras que se están levando a cabo na Rúa do Sol vaise proceder ao corte na subministración de auga o Martes día 05-03-2024, durante a mañá, nas seguintes zonas:

Rúa Pondal na súa totalidade

Lamentamos as molestias ocasionadas

CAMPAÑA DOAZÓN DE SANGUE

O luns, 4 de marzo de 2024 estará a Unidade Móbil de Doazón de Sangue na Praza do Recheo en Ponteceso de 16:00 a 21:00h

CORTE NA SUBMINISTRACIÓN DE AUGA MAÑA 28-02-2024 NA RÚA SOL E RÚA FONTIÑA EN CORME-PORTO

Por mor das obras que se están levando a cabo na Rúa do Sol vaise proceder ao corte na subministración de auga na zona de:

Maña día 28-02-2024, durante a mañá, haberá corte de auga nas seguintes zonas:



• Toda a rúa do Sol
• Tramo afectado da rúa Fontiña




Lamentamos as molestias ocasionadas




Concello de Ponteceso