Concello de Ponteceso

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

As Festiletras volven a converter Ponteceso no gran fervedoiro cultural de Galicia

A entrega dos premios Bos e Xenerosos abrirá un programa que inclúe, entre outras moitas propostas, a primeira feira científica nun ámbito rural

Do 16 o 20 de maio, as Festiletras converterán Ponteceso, e máis concretamente a Aldea do Couto, no gran fervedoiro cultural de Galicia. Con 36 anos de historia, a festa que celebramos arredor do Día das Letras Galegas continúa medrando e innovando con propostas coma Festicencia, a primeira feira científica nun ámbito rural. Personalidades do mundo da ciencia, pero tamén da música, do teatro e, por suposto, das letras, pasarán durante cinco días pola Fundación Eduardo Pondal e a Casa dos Veciños do Couto, centros neurálxicos da celebración.

O acto de inauguración terá lugar o 16 de maio coa entrega dos premios Bos e Xenerosos que este ano recaen na escritora Marilar Aleixandre, o humorista gráfico Xaquín Marín, o actor e director Quico Cadaval e a cantante María Xosé Silvar “Sés”. Ao longo da semana desenvolveranse diferentes xornadas: o Día da Internet, Aldeas Literarias, Festiciencia e Música e a Artesanía serán os grandes bloques temáticos.
Cada día, en horario de mañá, tarde e noite, levaranse a cabo un gran número de actividades aptas para todos os públicos e gustos. Ademais de actuacións musicais, obradoiros, charlas e faladoiros tamén haberá actividades para os máis pequenos con contacontos, xogos e espectáculos de maxia nos que poderá participar toda a familia. Os que tamén volverán a contar cun espazo onde expoñer os seus traballos científicos serán os alumnos e alumnas dos centros educativos que participarán na habitual Feira de Poxectos. A artesanía e o folclore tradicional tamén estarán ben representados coa presenza dalgúns dos máximos expoñentes da comarca.

Para que non perdades detalle, aquí tedes o programa completo:

Mércores, 16 de maio: Bos e Xenerosos
20:30h: Vésperas con campás, foguetes e banda de gaitas Inllar
21:00h: Inicio do acto
Clara Amado: interpreta Ponteceso
Entrega de premios “Bos e Xenerosos”: Marilar Aleixandre, Xaquín Marín, Quico Cadaval e Sés. Presenta o acto, a xornalista Patricia Blanco.
Sabor Galicia Calidade, na lareira da sede da Fundación Eduardo Pondal

Xoves, 17 de maio: Día da Internet
Pola mañá, na Fundación Eduardo Pondal
11:00h: Workshop de Ciencia Cidadá, a cargo de José Viñas
11:00h: Fenómenos do rural, con Joseba MP
12:45h: Gravación do programa da Radio Galega “Efervescencia”
13:30h: Sesión “Terras Gaudas”, con Voodoo
Pola tarde, na sede da Fundación Eduardo Pondal
16:00h: Xeocoaching tecnolóxico
17:00h: Yayotech
Pola tarde, na Casa dos Veciños
18:00h: “Ciencia ou maxia?”, con David Ballesteros e o Mago Antón
20:00h: Actuación musical con Fetén Fetén
21:00h: “A morte coa ciencia”, láser graffiti en lugares da comarca
22:00h: “Ciencia para insomnes”, no pinar e na praia de Valarés
22:00h: Observación das estrelas, con Jorge Mira na praia de Valarés

Venres, 18 de maio: Festiciencia
Pola mañá, na sede da Fundación Eduardo Pondal
10:00-14:00h: Feira de proxectos
Espectáculos “Arpexios de ciencia”
Obradoiros paralelos: Taller co CSI, construción e programación de robots, postas en escena.
Gaiteiros do Centro Coreográfico Galego
Gloria Mosquera “Mama Cabra”
Lembranza do científico cormelán José Mª Mosqueira Manso
Os Quinquilláns e obradoiros do CSIC na praia de Valarés
“Fenómenos do Rural”, con Joseba MP
Pola tarde
15:30-18:30h: Feira de proxectos
19:00h: Entrega de premios
20:00h: “Café científico” con Jorge Mira
Pola noite, na Casa dos Veciños
21:00h: “Océano para terrícolas”, con Xurxo Souto
22:00h: Actuación de Tanxugueiras
23:00h: Clase maxistral de Xabi Solano

Sábado, 19 de maio. Aldeas Científicas
Pola mañá, na Fundación Eduardo Pondal
11:00h: V edición do “Encontro de aldeas singulares”
13:00h: Inauguración da XXXVI Feira de artesanía
14:00h: Sesión vermú:
Etnográfico Vila Nova dos Infantes
Grupo “Castro Floxo” da Deputación Provincial de Ourense
Pola tarde, na sede da Fundación Eduardo Pondal
17:00h: “Literatas”
18:00h: Regueifa con Alba María e Lupe Blanco
20:00h: “Porondeomeucarropasa”
Percorrido pola música tradicional con Xa era hora, O son do Castro, A sona de Bergantiños e Farrapos
Pola noite, na carpa central
23:00h: Actuación de Mounqup, Txarango e Igmig

Domingo, 20 de maio. Música e Artesanía
Pola mañá, na sede da Fundación Eduardo Pondal
11:00h: XXXVI Feira de Artesanía
Espazo “Deleite”: Música de Cé Pantasma e Pakolas, contacontos de Anxo Moure, obradoiros de Naturizo….
12:30h: Ofrenda floral da Fundación Manuel María
A coral A Oliveira interpreta “O Carro”
13:00-14:00h: Actuación de Inllar
14:00h: Sesión vermún con Terbutalina
17:00h: Concerto de Sés coa súa banda

Haberá tamén unha exposición permanente de produtos elaborados por Sanín Música Tradicional, na sede da Fundación Eduardo Pondal



Concello de Ponteceso