Concello de Ponteceso

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Toma nota dos cortes de tráfico da 17ª Volta Ciclista á Provincia da Coruña ao seu paso por Ponteceso

Dende a Concellería de Deportes solicitamos a colaboración cidadá para que a xornada deportiva transcorra con normalidade e sen incidentes na circulación

Xa está todo a punto para acoller a 17ª edición da Volta Ciclista á Provincia da Coruña, que arrincará mañá día 1 desde o noso municipio cunha primeira etapa de 150 quilómetros e un desnivel acumulado de 2610 metros, e na que participarán 18 clubs, procedentes de diferentes puntos de España e Portugal, e máis dun centenar de ciclistas das categorías Sub-23 e Elite, nas que se forxan as novas promesas do ciclismo antes do seu salto ó ámbito profesional.

Tanto a saída como a meta da primeira etapa da Volta estarán situadas no Campo da Feira, onde tamén se vai levar a cabo unha “ginkana” infantil para nenas e nenos de 7 a 12 anos. Dende primeira hora da mañá e ata que finalice a proba ciclista, esta zona permanecerá pechada ao tráfico para garantir o correcto desenvolvemento da proba e velar pola seguridade de todos os/as participantes no evento.

Así mesmo, a avenida Eduardo Pondal e a rúa Vereda tamén se verán afectadas por cortes de tráfico puntuais tanto á hora da saída da carreira, prevista para as 14h, como a súa chegada, arredor das 17:30h. Ademais, nesta última vía quedará prohibido o estacionamento ao longo de todo o día e xa dende a noite do xoves 31.

Pero a Volta Ciclista partirá do noso concello realizando un percorrido de 20 minutos por varias localidades do termo municipal nas que tamén se producirán cortes de tráfico ocasionais para facilitar o paso dos ciclistas. Desde a Concellería de Deportes, que dirixe Marco Varela, solicítase a colaboración cidadá, tanto de condutores/as como de viandantes, para que a xornada transcorra con normalidade e sen incidentes, gozando dun evento deportivo de primeiro nivel.

Se tes previsto realizar algún desprazamento polo municipio durante a celebración da proba, toma boa nota do percorrido e os horarios da XVII Volta Ciclista á Provincia da Coruña no Concello de Ponteceso. Para máis información https://www.voltacoruna.com/etapa/ano-2018/etapa-1.

RUTÓMETRO
Ás 14:00 horas: Saída de Ponteceso. Campo de Feria - rúa Vereda - avda. Eduardo Pondal – rúa Aduana – dirección Malpica por DP-4307. KM O Punto kilométrico 9 da DP-4307

Ás 14:02 horas: A CAMPARA. Dirección Pazos por DP-6805

Ás 14:10 horas: PAZOS. Dirección Ponteceso por AC-419

Ás 14:13 horas: A BUGALLEIRA. Dirección Ponteceso por AC-419

Ás 14:17 horas: TELLA. Dirección Ponteceso por AC-419

Ás 14:20 horas: PONTECESO. Meta volante avda. Eduardo Pondal. Dirección Baio por AC-429

Ás 17:35 horas: PONTECESO. Avda. Eduardo Pondal - Rúa Vereda - Campo da Feira – META. Final da 1ª etapa


Concello de Ponteceso