Concello de Ponteceso

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O Concello de Ponteceso elabora un plan integral de investimentos en todas as parroquias por máis de dous millóns de euros

Máis da metade dos fondos serán xestionados pola área de Infraestruturas, que xestiona José Manuel Pose Verdes, para dar resposta ás necesidades de obras viarias e hidráulicas

O goberno municipal de Ponteceso vén de presentar un ambicioso plan integral de investimentos que inclúe actuacións en todas as parroquias e en todas as áreas de xestión municipal. O deporte, o medio ambiente, os servizos para as familias, a posta en valor do patrimonio natural e cultural e a modernización das infraestruturas son os eixos fundamentais dun proxecto pensado para mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas.

Este programa de investimentos, froito da planificación, das achegas veciñais e do compromiso do goberno municipal co desenvolvemento sostible do noso concello, suporá un investimento superior aos dous millóns de euros, que se sumarán ás obras por importe de un millón que temos xa en proceso de licitación.

Máis da metade dos fondos serán xestionados pola área de Infraestruturas, que xestiona o concelleiro José Manuel Pose Verdes, e que ten como proxectos estrela o acceso norte en Corme e a mellora do acceso dende O Petón de Tella ao campo dos Seixos, dúas propostas nas que estamos a traballar en colaboración coa veciñanza de cara á cesión dos terreos, ao tempo que estamos a tramitar xa as autorizacións sectoriais preceptivas.

O plan integral de investimentos divídese en cinco grandes bloques:
1) Plan de obras sostibles de modernización: 583.539 euros.
M
ellora do firme de camiños públicos:
• Pista dende o límite con Buño ao depósito de auga (Xornes) 7.179
• Acceso a núcleo rural de Figueiroa (Cores) 8.499
• Pavimentación das rúas do núcleo de Figueiroa (Cores) 27.881
• Pista no Castro de Cores (Cores) 29.936
• Pista dende Froxán de Xornes ao deposito de auga (Xornes) 40.720
• Pista dende riotorto a Ameixenda (Cores - Pazos) 55.762
• Pista dende Balarés a Corme Aldea (Cospindo-Corme Aldea) 73.349
• Pista dende Bugalleira a Rebordáns polas Salgueiras (Tallo-Pazos) 83.919
• Pista dende Rebordáns a Tallo (Pazos – Tallo) 87.764
Acceso Norte en Corme 168.530
Mellora do acceso ao núcleo rural de Tella (do Petón aos Seixos) 264.644

2) Plan estratéxico sostible 634.441 euros
• Novas comportas de desaugue canais para evitar o anegamento de Ponteceso 84.563
• Ampliación e cuberta do parque infantil de Ponteceso 61.395
• Pantaláns flotantes para pequenas embarcacións no río Anllóns 173.365
• Saneamento por depuración biolóxica en Limiñoa 108.923
• Saneamento por depuración biolóxica en Carballido 206.195

3) Plan social , deportivo e de medio ambiente 570.386 euros
• Compra de terreos para desenvolver o plan xeral, contorno da depuradora 47.000
• Obra de eficiencia enerxética na Casa do Concello (aerotermia) 49.995
• Reforma do teito da Galiña Azul municipal 18.000
• Baile con música ao vivo, todos domingos á tarde 14.000
• Redacción do Proxecto de Megalitismo 8.000
• Lavado de contedores 560 contedores de Rsu 5.000
• Obras de mellora no Cairo (campo futbol municipal Corme) 14.000
• Alumeado LED no Cairo (campo futbol municipal Corme) 50.000
• Asistencia técnica Alumeado LED no Cairo (campo futbol municipal Corme) 3.500
• Asistencia técnica nova base e céspede no Pinguel (campo futbol municipal Ponteceso)
7.715
• Parques biosaudables en Pazos e mellora do parque infantil no Campo (unitaria) 30.000
• Pista multideporte en Ponteceso 42.210
• Escola de piragüismo un ano 10.200
• Contrato para a finalización e posta en marcha do Ximnasio Municipal 166.000
• Outros: proxecto de campo público en Nemeño. Pendente de valoración económica

4) Redacción de proxectos, direccións de obra, asistencias técnicas, etc 110.000 (aprox)

Concello de Ponteceso