Concello de Ponteceso

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O programa Ler Conta Moito regresa o xoves 27 á biblioteca de Ponteceso cunha sesión de contacontos para nenos de 3 a 8 anos

A gran Lilí Gruyére volverá a encontrarse cos seus seguidores incondicionais nun novo ciclo de actividades promovido desde a Área de Biblioteca

Na Área de Biblioteca xa o temos todo preparado para dar a benvida a unha nova edición do programa Ler Conta Moito. Así, a primeira sesión da temporada, que se celebrará o xoves 27 na Biblioteca Municipal, contará cunha convidada de excepción e unha das artistas máis internacionais da compañía de teatro Trinke Trinke, a gran Lilí Gruyére, interpretada pola actriz Vanessa Rivas, que chegará disposta a conquistar aos nenos e nenas de 3 a 8 anos de idade coa representación do contacontos Paxariños. Será a partir das 18:30 horas.

Nesta ocasión, a ratiña máis popular e querida polo público infantil volverá a sorprendernos co seu enxeño e imaxinación para contarnos a incrible e fantástica historia de Turelí Tureló, que estará amenizada pola música do compositor coruñés Tito Barbeito. A actividade será de balde.

Ler Conta Moito é un programa de dinamización da lectura dirixido a promover o achegamento aos libros e ás bibliotecas como punto de encontro infantil e xuvenil. Neste sentido, a área que xestiona Carlos Penedo contará cun programa de actividades repleto de citas lúdicas e culturais destinado a fomentar a imaxinación e creatividade dos nosos nenos e nenas.

Concello de Ponteceso