Concello de Ponteceso

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

ABANCA e os empresarios de Ponteceso acordan unha oferta conxunta de crédito para clientes e asociados

O acordo pon a disposición dos comerciantes numerosas opcións de crédito para impulsar a economía local, grazas a produtos propios e convenios con diversos organismos públicos

Os asociados tamén poderán beneficiarse do Programa Cero Comisión do banco ou o servizo financiamento instantáneo APLAZOS

ABANCA e a Asociación de Empresarios de Ponteceso acaban de asinar un convenio financeiro co obxectivo posto en impulsar, fundamentalmente a través do crédito, a reactivación económica e comercial do noso concello.

O presidente dos empresarios pontecesáns, Juan José Merino Bernabeu, e o director de zona de ABANCA en Coruña Oeste/Bergantiños, Jacobo Sánchez Fernández, rubricaron hoxe na oficina do banco en Ponteceso un acordo que reforza a aposta que mantén a entidade financeira co tecido empresarial da provincia da Coruña. Ao acto tamén asistiu o alcalde de Ponteceso, Xosé Lois García Carballido.

O convenio facilita que os empresarios asociados a esta organización accedan a unha ampla oferta financeira con condicións melloradas respecto ao mercado. Así, poderán contratar produtos como pólizas de crédito, préstamos persoais e hipotecarios, leasing mobiliario, anticipos, avais, liñas de desconto comercial ou liñas de comercio exterior.

O protocolo tamén recolle unha oferta mellorada para a contratación de TPV (Terminais Punto de Venda) da entidade e Bonos que permiten que os negocios paguen unha cantidade fixa todos os meses, incluíndo un volume de vendas pactado que se corresponde co que os comercios estiman facturar anualmente a través do TPV.

Así mesmo, para facilitar a competitividade no mercado dos asociados, os clientes dos negocios poderán acceder ao servizo de financiamento no punto de venta de ABANCA, o chamado servizo APLAZOS. Deste xeito, permítese financiar as comprar de forma rápida, sinxela e económica.

Grazas a este convenio os asociados tamén poderán beneficiarse de liñas de financiamento especial grazas ao Plan Activamos, unha iniciativa conxunta entre o banco e a Deputación da Coruña que inclúe liñas de crédito a intereses baixos para facilitar o emprendemento, os novos investimentos, a creación de emprego ou actuacións de mellora enerxética das pemes e os autónomos da provincia.

Do mesmo xeito, os profesionais pertencentes a esta asociación poderán desfrutar das fórmulas de financiamento oficiais incluídas nos convenios que a entidade financeira mantén con diversos organismos públicos. ABANCA está adherida á liña de convenio ‘Empresas e Emprendedores 2018’ co ICO, mediante o cal as empresas poderán dispoñer de recursos financeiros para acometer os seus proxectos de investimento e cubrir as súas necesidades de liquidez no ámbito doméstico. Tamén poderán gozar das vantaxes do acordo do banco coa sociedade galega de garantía recíproca Afigal.

Os empresarios pontecesáns poderán beneficiarse igualmente das vantaxes do Programa Cero Comisións de ABANCA, que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e tarxetas, pero tamén polas transferencias, ingreso de cheques ou outros servizos habituais. ABANCA poñerá ademais a disposición da asociación o seu servizo de banca electrónica.

O acordo incluso permite que aqueles empresarios que estean a pensar ampliar o seu negocio á venda por Internet poidan gozar dun desconto do 20% na creación dunha tenda online, grazas a un acordo de ABANCA coa empresa Palbin.

Doutra banda, co ánimo de optimizar a calidade do servizo que se presta aos asociados e dar unha atención máis personalizada a este colectivo, o banco poñerá á súa disposición persoal especializado en xestión de seguros, quen informará das pólizas que mellor se adapten ás necesidades de cada asociado. O banco tamén porá a súa disposición o servizo de banca a distancia.

A Asociación de Empresarios de Ponteceso, constituída no ano 1989, representa os intereses do colectivo empresarial deste concello coruñés. Pola súa parte, ABANCA conta coa rede máis extensa de oficinas en Galicia e cunha oferta especializada para pemes, micropemes e autónomos.

Concello de Ponteceso