Concello de Ponteceso

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

A corporación municipal pon en marcha o procedemento previo á licitación do ciclo integral da auga

O pleno aprobou por unanimidade dúas mocions de apoio aos traballadores de Alcoa e outras dúas contra a violencia de xénero

No pleno celebrado este luns deuse un paso importante de cara á licitación da xestión do ciclo integral da auga, xa que foi aprobada a estrutura de custes cos votos a favor dos tres grupos do goberno e a abstención do PP.

O pleno tamén aprobou por unanimidade dúas mocións de apoio aos traballadores de Alcoa presentadas polo PP e o BNG, así coma outras dúas contra a violencia de xénero impulsadas polo PSOE e o BNG.

Por unanimidade saíu adiante tamén a adhesión de Ponteceso á rede de concellos galegos pola lingua.


Concello de Ponteceso