Concello de Ponteceso

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O acceso dende O Petón ata o Campo dos Seixos de Tella terá 6 metros de ancho grazas ás cesións realizadas por 18 propietarios

A obra, incluída no Plan Único POS+ Complementario da Deputación, ten un orzamento de 264.644 euros

As cesións realizadas polos propietarios permitirán acometer un importante proxecto de mellora viaria na parroquia de Tella. O alcalde de Ponteceso, Lois García Carballido, expresou a gratitude do Concello aos 18 propietarios e propietarias que achegarán o terreo necesario para que o acceso dende O Petón ata o Campo dos Seixos acade os seis metros de ancho e que constitúe un dos proxectos estrela promovidos dende a Concellaría de Obras, que dirixe José Manuel Pose Verdes.

A obra será financiada na súa totalidade pola Deputación Provincial da Coruña dentro do Plan Único POS+ Complementario 2019 cun orzamento de 264.644 euros.

Concello de Ponteceso