Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

A Concellería de Servizos Sociais clausurará os domingos de baile e Ponteceso Activo con sendas festas abertas á participación da cidadanía

A primeira será o domingo 9 no Edificio das Escolas e a segunda, o mércores 12 na Biblioteca Municipal

Co verán á volta da esquina, os domingos de baile despídense ata despois da temporada estival. E farano por todo o alto cunha gran festa, organizada pola Concellería de Servizos Sociais, que se celebrará o próximo domingo 9, de 18 a 21 horas, no Edificio das Escolas de Ponteceso.

Como xa é costume por estas datas, o programa de ocio e tempo libre que cada domingo reúne a numerosos veciños e veciñas do noso concello para bailar e conversar ao son da música, dirá adeus á temporada cunha festa de clausura amenizada polo dúo Melchor e Lupe, ex-compoñente dos Satélites.

Pero, ademais, a área de Servizos Sociais ofrecerá a todos os/as asistentes unha degustación gratuíta de petiscos, que nos deixará moi bo sabor de boca e, de seguro, moitas ganas de volver a reencontrarse na próxima edición para seguir desfrutando de boa música, máis grupos, bo ambiente e a mellor compañía.

Clausura programa Ponteceso Activo
Outra actividade que tamén pechará as súas portas ata despois do verán será o programa Ponteceso Activos, unha iniciativa encamiñada a formar, entreter e divertir á veciñanza no seu tempo de lecer.

Coincidindo coa clausura do curso de cociña saudable, a Concellería de Servizos Sociais de Ponteceso convida a todos os/as participantes dos diferentes obradoiros levados a cabo durante o 2019 á festa de despedida e ao acto de entrega de diplomas dos últimos alumnos/as, que se celebrará o próximo mércores 12, a partir das 19:00 horas, na Biblioteca Municipal do Centro Cultural. Agardámosvos a todos/as!

Concello de Ponteceso