Concello de Ponteceso

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

25 persoas formáronse en Ponteceso nun curso de prevención de riscos laborais no sector da construción

O alcalde, Lois García Carballido, entregou os diplomas aos participantes e animounos a seguir preparándose para acadar un emprego ou unha mellora laboral

Coa entrega de diplomas por parte do alcalde, Lois García Carballido, rematou o curso de prevención de riscos laborais organizado pola Fundación Laboral da Construción en Ponteceso. Un total de 25 persoas participaron na acción formativa, que incluíu unha parte de prevención de riscos integral, de 60 horas, e outra específica de albanelería, de seis horas.

Despois da entrega de diplomas, o alcalde animou a todos os alumnos a seguir formándose para acadar un emprego ou unha mellora laboral. Os participantes, pola súa banda, agradeceron a Lois García Carballido a posibilidade de ter participado de xeito gratuíto nun curso que está valorado en máis de 300 euros, e aproveitaron a ocasión para poñer sobre a mesa a posibilidade de ampliar a formación con cursos ou escolas taller dedicadas a albanelería, fontanería ou pintura.

O alcalde pechou o acto agradecendo a iniciativa da Fundación Laboral da Construción, que organizou en Ponteceso o seu primeiro curso deste tipo na Costa da Morte.

Concello de Ponteceso