Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O Concello de Ponteceso reforma a instalación eléctrica das sete escolas do CRA Nosa Señora do Faro para incrementar a seguridade nos centros de cara ao vindeiro curso

A empresa Instalaciones Eléctricas Germán foi a encargada de acometer os traballos, nos que investimos un total de 13.141,81?

Escola de TalloAproveitando as vacacións escolares do verán, o goberno municipal de Ponteceso púxose mans á obra para proceder á realización de diversos traballos de acondicionamento na instalación eléctrica das sete escolas que conforman o CRA Nosa Señora do Faro. Os centros situados nas parroquias de Brantuas, A Campara, Pazos, Tella, Xornes e Tallo, xunto co de Ponteceso, arrincarán o novo curso escolar cun servizo renovado e adaptado á normativa vixente, co que se pretende mellorar notablemente a seguridade das instalacións ademais de contribuír a reducir os costes de mantemento anuais.

Instalaciones Eléctricas Germán foi a empresa encargada de acometer os traballos de reforma, que consistiron no subministro, colocación e mellora das tomas de terra, instalación de novas tapas e proteccións diferenciais nos cadros eléctricos, subministro e instalación eléctrica para emerxencias en locais, reparación e substitución de mecanismos nalgunhas vivendas anexas aos colexios, subministro e instalación de cadros de protección e control eléctrico e renovación do cableado, cubrecables en portalámpadas e colocación de novas caixas de acometidas. O importe total das obras ascendeu a 13.141,81?.

Concello de Ponteceso