Concello de Ponteceso

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

A 2ª edición “Recoñecemento Deportivo Concello de Ponteceso” premiará este venres o esforzo e os logros de entidades e deportistas locais

Será durante o acto que a Concellería de Deporte celebrará no salón do Edificio das Escolas a partir das 21:30 horas

Coa intención de recoñecer o esforzo, a dedicación, o espírito de superación e tamén os logros que veñen de acadar durante a última temporada os nosos e as nosas deportistas, o Concello de Ponteceso celebrará este venres, ás 21:30 horas, no salón de actos do Edificio das Escolas a 2ª edición “Recoñecemento Deportivo Concello de Ponteceso”, organizada pola Concellería de Deporte que dirixe Raquel Fondo.

Nesta ocasión, seis entidades do municipio recibirán o recoñecemento do Concello de Ponteceso nun acto no que tamén haberá música, e que contará coa intervención inaugural do alcalde, Lois García Carballido, e, por suposto, de todos os e as protagonistas da noite. Ademais de alegría, tamén se vivirán momentos de moita emoción durante o recoñecemento especial que se fará a un veciño do municipio por toda unha vida dedicada á promoción do deporte local.

Desde a Concellaría de Deporte faise un chamamento a toda a veciñanza, e dun xeito especial, a todas as persoas afeccionadas ao deporte, para que se sumen á gran festa do deporte en Ponteceso. No a perdades!

  •  Provisión postos de traballo
  • Portal de Transparencia
  • Acceso á Oficina Virtual Tributaria
  • Programación Inverno 2019-2020
  • Bonos sociais
  • O noso Entroido é o mellor
  • Vota polo Entroido de Ponteceso!
  • Promoción Turístico de Galicia
  • Servizo Nomalización Lingüística
  • Solicitude de visitas guiadas
  • Acceso á web da Biblioteca Municipal do Concello
  • Protección Civil
  • Cultura e deportes en imaxes
  • Liga Municipal de Fútbol Sala
  • Liga Municipal de Ping Pong
  • Liga Municipal de Tenis
  • Liga Municipal de Fútbol Sala Veteranos
  • Costa Bergantiñá
  • Inscrición en liña nas actividades do Concello
  • Servicio de alertas por sms
Concello de Ponteceso