Concello de Ponteceso

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O Concello de Ponteceso xestiona ante a Xunta a extensión das concentracións parcelarias para potenciar o sector agrogandeiro

O alcalde, Lois García Carballido, e o concelleiro de Medio Rural, Salvador Eiroa, reuníronse hoxe co director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Ángel Pérez

O alcalde de Ponteceso, Lois García Carballido, e o concelleiro de Medio Rural, Salvador Eiroa, mantiveron hoxe unha reunión co director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Ángel Pérez Dubois, coa intención de trasladarlle á Xunta de Galicia a necesidade de dinamizar o sector agrogandeiro.

A principal demanda do goberno municipal de Ponteceso é a extensión da concentración parcelaria a todas as parroquias co obxectivo de “poñer máis terra a disposición das explotacións agrícolas e gandeiras para dar un futuro a esas explotacións”, tal como explicou o alcalde.

Lois García destacou a enorme potencialidade do noso concello, que forma parte da Indicación Xeográfica Protexida Pataca de Galicia, que é un dos grandes produtores de faba galega e no que ademais desenvolven a súa actividade 91 explotacións de gando bovino, segundo reflicten os datos do IGE relativos ao ano 2018.

O director xeral de Desenvolvemento Rural explicou aos representantes do goberno municipal que a Xunta de Galicia ten en elaboración unha nova lei que permitirá poñer máis terreo a disposición do sector gandeiro e potenciar o banco de terras, que, dende o seu punto de vista, debe ser un “axente mobilizador” que evite o abandono do rural.

  •  Provisión postos de traballo
  • Portal de Transparencia
  • Acceso á Oficina Virtual Tributaria
  • Programación Inverno 2019-2020
  • Bonos sociais
  • O noso Entroido é o mellor
  • Vota polo Entroido de Ponteceso!
  • Promoción Turístico de Galicia
  • Servizo Nomalización Lingüística
  • Solicitude de visitas guiadas
  • Acceso á web da Biblioteca Municipal do Concello
  • Protección Civil
  • Cultura e deportes en imaxes
  • Liga Municipal de Fútbol Sala
  • Liga Municipal de Ping Pong
  • Liga Municipal de Tenis
  • Liga Municipal de Fútbol Sala Veteranos
  • Costa Bergantiñá
  • Inscrición en liña nas actividades do Concello
  • Servicio de alertas por sms
Concello de Ponteceso