Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O Concello de Ponteceso mellora o equipamento do GES para a loita contra a avespa velutina

A nova dotación de material, grazas a un convenio de colaboración coa Axega, inclúe dous equipos de protección persoal que garanten unha resposta máis eficaz e segura

O Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Ponteceso xa dispón de novo equipamento para desenvolver nas mellores condicións de seguridade o labor de loita e control da avespa velutina. Grazas ao acordo de colaboración que vén de asinar o Concello de Ponteceso coa Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), dentro do marco do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020, o GES conta con dous equipos completos de protección persoal.

A dotación de cada un deles está composta polos seguintes materiais:
- Un traxe de algodón con transpiración
- Carapucha fabricada en tecido resistente con transpiración e ventilacións, e cremalleira facial para instalar os visores, tanto de plástico como de rexa.
- Casco ventilado
- Visores para carapucha
- Manguitos téxtiles con sistema de peche mediante cordón elástico e bloqueo de tanka
- Luvas fabricadas con compoñentes moi resistentes

O alcalde, Lois García Carballido, e o concelleiro de Emerxencias, Faustino Santiago Lema, fixeron entrega ao GES dos novos dous equipos de protección individual (EPIS) co obxectivo de mellorar e reforzar o equipamento destinado a combater situacións de emerxencia e que, neste caso, estará orientada á loita contra a avespa velutina para garantir unha resposta máis eficaz e segura.

O alcalde destacou a necesidade de ?seguir mellorando os recursos que teñamos ao noso alcance para combater esta praga sen esquecer a seguridade das persoas que levan adiante este traballo?.

Concello de Ponteceso