Concello de Ponteceso

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

A nova Agrupación de Voluntarios/as de Protección Civil estrearase este domingo no operativo de seguridade da Romaría da Virxe do Faro

Modesto Gervasio Parga Costa preside a actual xunta directiva

A renovada Agrupación de Voluntarios/as de Protección Civil de Ponteceso participará este domingo, coincidindo coa celebración da tradicional Romaría da Virxe do Faro de Brantuas, no seu primeiro operativo. Oito voluntarios/as formarán parte do dispositivo xunto con efectivos da Policía Local e o Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES), segundo informou o concelleiro delegado de Mobilidade, Seguridade, Emerxencias e Mar, Faustino Santiago Lema.

A Agrupación de Voluntarios/as de Protección Civil de Ponteceso está integrada nestes momentos por 22 persoas. Modesto Gervasio Parga Costa é o novo presidente da entidade, da que tamén forman parte o propio Faustino Santiago Lema, como vicepresidente e tesoureiro; Ana Pérez Imia, secretaria; e Manuel Taibo Fontaíña e José Costa García como vogais.

A Romaría da Virxe do Faro é unha das celebracións máis tradicionais e multitudinarias do noso concello. Dende a Policía Local de Ponteceso incídese na necesidade de que os/as automobilistas utilicen un só carril de circulación para evitar o risco que supón a utilización dos dous carrís nos momentos de maior aglomeración de romeiros/as arredor da imaxe da santa.

Nese sentido, dende o goberno municipal facemos un chamamento á colaboración da veciñanza e a seguir as indicacións dos profesionais da Policía Local, Protección Civil e o GES para que a romaría discorra coa maior seguridade para todas a todos.

  •  Provisión postos de traballo
  • Portal de Transparencia
  • Acceso á Oficina Virtual Tributaria
  • Programación Inverno 2019-2020
  • Bonos sociais
  • O noso Entroido é o mellor
  • Vota polo Entroido de Ponteceso!
  • Promoción Turístico de Galicia
  • Servizo Nomalización Lingüística
  • Solicitude de visitas guiadas
  • Acceso á web da Biblioteca Municipal do Concello
  • Protección Civil
  • Cultura e deportes en imaxes
  • Liga Municipal de Fútbol Sala
  • Liga Municipal de Ping Pong
  • Liga Municipal de Tenis
  • Liga Municipal de Fútbol Sala Veteranos
  • Costa Bergantiñá
  • Inscrición en liña nas actividades do Concello
  • Servicio de alertas por sms
Concello de Ponteceso