Concello de Ponteceso

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Contos infantís para educar a intelixencia emocional coa narradora Raquel Queizás

Mañá xoves, na Biblioteca Municipal de Ponteceso, a partir das 18:00 horas

A contadora de historias Raquel Queizás será a protagonista da nova actividade do programa de animación á lectura Ler Conta Moito que organizamos dende o Concello de Ponteceso.

A partir das 18:00 horas, a Biblioteca Municipal acollerá o espectáculo de monicreques de papel “Vén a Conto”, unha proposta encamiñada a educar a intelixencia emocional, dirixida a nenos e nenas de 3 a 11 anos e ás súas familias.

Conto é o nome dunha vila onde os paxaros-libro conta as historias dos seus veciños e veciñas. Historias para vencer a soidade, resolver conflitos de forma positiva, gañar amigos e perder inimigos. Porque todas e todos merecemos unha oportunidade para ser mellores…

Sinopse: O sol loce sobre un fermoso ceo violeta. A señora Teresa almorza galletas sen présa, mentres lembra unha brincadeira de cando era nena. Aldariña prepara a mochila cos libros e o dispensador de insulina para ir ao cole axiña. Pedro quedou durmido co libro pegado ao couquizo…

Se queredes saber como rematar o conto, non faltedes mañá á vosa cita semanal coa biblio. É de balde! Agardámosvos a todos/as!

  •  Provisión postos de traballo
  • Portal de Transparencia
  • Acceso á Oficina Virtual Tributaria
  • Programación Inverno 2019-2020
  • Bonos sociais
  • O noso Entroido é o mellor
  • Vota polo Entroido de Ponteceso!
  • Promoción Turístico de Galicia
  • Servizo Nomalización Lingüística
  • Solicitude de visitas guiadas
  • Acceso á web da Biblioteca Municipal do Concello
  • Protección Civil
  • Cultura e deportes en imaxes
  • Liga Municipal de Fútbol Sala
  • Liga Municipal de Ping Pong
  • Liga Municipal de Tenis
  • Liga Municipal de Fútbol Sala Veteranos
  • Costa Bergantiñá
  • Inscrición en liña nas actividades do Concello
  • Servicio de alertas por sms
Concello de Ponteceso