Concello de Ponteceso

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Xa está aquí a oferta cultural e deportiva do Concello de Ponteceso para que toda a familia aproveite o tempo de ocio tamén durante o inverno

As inscricións poderán realizarse do 1 ao 3 de outubro, tanto nas oficinas municipais coma na sede electrónica, e o día 7 empezarán as actividades

O Concello de Ponteceso preséntache un programa deportivo e cultural que non só terá entretidos aos peques da casa durante o inverno, senón tamén aos maiores. Este ano temos moitas e moi variadas actividades tanto para adultos coma para nenos. No folleto que podes descargar máis abaixo tes a oferta completa, días, horarios e lugares nos que se desenvolverá cada unha delas.

O curso comezará o 7 de outubro. Do 1 ao 3 poderán facerse as inscricións, tanto nas oficinas municipais (de 09.00 a 14.00 horas) coma na sede electrónica (dende as 09.00 horas do día 1 ata as 14.00 horas do día 3). Proximamente está previsto ofrecer formación, tanto a particulares coma a asociacións, no uso da sede electrónica, que axiliza e facilita os trámites.

Este ano temos moitas propostas para o público adulto: aeróbic/step/tono e zumbe (a partir de 14 anos), D’Arte, ioga e ximnasia de mantemento (a partir dos 18 anos), música, fotografía dixital, ponte a correr e tiro con arco (a partir dos 16 anos) e ximnasia para maiores de 40 anos. En canto ao público infantil, pode escoller entre fútbol sala (5 a 11 anos), judo (3 a 15), minibasket/baloncesto (6 a 13), patinaxe artística (4 a 15), pequemotricidade (3 e 4), tenis de mesa (7 a 15), tiro con arco (maiores de 6), xadrez (maiores de 5), D’Arte (6 a 14), danza (6 a 14), teatro (4 a 11) e cociña (por concretar).

Toda a información complementaria que precisedes ofreceránvola nos departamentos de Deportes (981971719) e Cultura (881983683), así coma na oficina municipal de Corme (981738428).


Descargas asociadas


  •  Provisión postos de traballo
  • Portal de Transparencia
  • Acceso á Oficina Virtual Tributaria
  • Programación Inverno 2019-2020
  • Bonos sociais
  • O noso Entroido é o mellor
  • Vota polo Entroido de Ponteceso!
  • Promoción Turístico de Galicia
  • Servizo Nomalización Lingüística
  • Solicitude de visitas guiadas
  • Acceso á web da Biblioteca Municipal do Concello
  • Protección Civil
  • Cultura e deportes en imaxes
  • Liga Municipal de Fútbol Sala
  • Liga Municipal de Ping Pong
  • Liga Municipal de Tenis
  • Liga Municipal de Fútbol Sala Veteranos
  • Costa Bergantiñá
  • Inscrición en liña nas actividades do Concello
  • Servicio de alertas por sms
Concello de Ponteceso