Concello de Ponteceso

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

SANIDADE MANTÉN A RECOMENDACIÓN DE NON CONSUMIR AUGA DA TRAÍDA DE CORME PORTO AO DETECTAR A PRESENZA DE AXENTES CONTAMINANTES

A Xefatura Territorial de Sanidade mantén a recomendación de non usar a auga da traída de Corme Porto, nin para beber nin para manipular alimentos, ao detectar a presenza de axentes contaminantes nas análises realizadas. En concreto, segundo os datos que vén de remitirnos o servizo autonómico, nas mostras de auga tomadas no centro de saúde de Corme había presenza de bacterias coliformes e clostridium perfringens.

O Concello de Ponteceso continuará co reparto de auga embotellada, establecendo como punto de almacenamento e distribución a lonxa nova de Corme. Ao mesmo tempo seguirá colaborando coa Consellería de Sanidade para erradicar a contaminación da auga o máis axiña posible.

O alcalde, Xosé Lois García Carballido, apunta que o problema de potabilidade afecta en exclusiva a Corme Porto, onde aconsella que se use auga embotellada tanto para beber coma para cociñar e para lavar alimentos.


Descargas asociadas


  •  Provisión postos de traballo
  • Portal de Transparencia
  • Acceso á Oficina Virtual Tributaria
  • Programación Inverno 2019-2020
  • Bonos sociais
  • O noso Entroido é o mellor
  • Vota polo Entroido de Ponteceso!
  • Promoción Turístico de Galicia
  • Servizo Nomalización Lingüística
  • Solicitude de visitas guiadas
  • Acceso á web da Biblioteca Municipal do Concello
  • Protección Civil
  • Cultura e deportes en imaxes
  • Liga Municipal de Fútbol Sala
  • Liga Municipal de Ping Pong
  • Liga Municipal de Tenis
  • Liga Municipal de Fútbol Sala Veteranos
  • Costa Bergantiñá
  • Inscrición en liña nas actividades do Concello
  • Servicio de alertas por sms
Concello de Ponteceso