Concello de Ponteceso

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O Concello de Ponteceso colabora nun proxecto de investigación para previr a depresión en coidadores de dependentes a través dunha APP

As persoas interesadas na aplicación, totalmente gratuíta, poden poñerse en contacto co Grupo de Investigación en Saúde Mental da USC, encargado do programa

O Concello de Ponteceso e o Grupo de Investigación en Saúde Mental e Psicopatoloxía (GRISAMP) da Universidade de Santiago de Compostela, están a colaborar no desenvolvemento dun proxecto de investigación, coordinado polo profesor Fernando L. Vázquez, dirixido a previr a depresión en coidadores de familiares en situación de dependencia dentro da nosa Comunidade Autónoma, financiado dentro da Convocatoria de Proxectos de Excelencia que desenvolve a Axencia Estatal de Investigación Española.

Esta iniciativa consiste na posta en marcha dun programa psicolóxico denominado “Happy”, administrado a través dunha aplicación para smartphones, que posibilita o acceso inmediato dos usuarios/as a este servizo en calquera momento e lugar no que se atopen. A intervención é de carácter gratuíto e está dirixida a persoas coidadoras que actualmente poidan estar en risco de depresión.

Os coidadores/as que estean interesados en obter máis información sobre o programa e recibir as indicacións necesarias para descargar esta App, poden poñerse en contacto cos membros do equipo de investigación chamando ao teléfono 673 528 166 ou enviando un mail a prevenciondepresion.app@gmail.com.


Descargas asociadas


Concello de Ponteceso