Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O CRA Nosa Señora do Faro gaña o Premio Huertos Educativos Ecológicos na categoría infantil

? O certame, de ámbito nacional, está organizado pola Asociación Vida Sana e a Fundación Triodos
? A entrega do premio terá lugar o 22 de novembro en Madrid

O CRA Nosa Señora do Faro vén de gañar o Premio Huertos Educativos Ecológicos na categoría infantil. O certame, de ámbito nacional, é unha iniciativa da Asociación Vida Sana e da Fundación Triodos que ten como finalidade distinguir os proxectos que destacan polo uso do horto e da natureza como instrumento de transmisión de coñecementos, valores, arte social e agricultura.

O primeiro premio de cada categoría, que no caso da infantil corresponde ao Colexio Rural Agrupado de Ponteceso, está dotado con 1.000 euros. Tamén se entrega un accésit en cada categoría que consiste en material para o horto ecolóxico. O acto de entrega celebrarase o 22 de novembro na sede da Fundación Triodos, en Las Rozas (Madrid).

Os proxectos premiados en cada categoría son os seguintes:
INFANTIL:
Primeiro premio: CRA Nosa Señora do Faro. Ponteceso
Accésit: EEI Nuevo Almafrá. Elda (Alicante)

PRIMARIA
Primeiro premio: CEIP Javier de Miguel. Madrid
Accésit: CEIP Municipal Benimaclet. Benimaclet. Valencia.

SECUNDARIA
Primeiro premio: INS Cap Norfeu. Roses (Girona)
Accésit: INS Miami (Tarragona)

SOCIAL
Primeiro premio: Asociación Enarmonía. Cúllar (Granada)
Accésit: CEOM-Asociación para la Integración de las Personas con Discapacidad Intelectual. El Palmar (Murcia)

O alcalde de Ponteceso, Lois García Carballido, e a concelleira de Educación, Maite Chouciño, quixeron facer chegar os seus parabéns ao centro educativo. O Concello valora moi positivamente o modelo educativo do CRA Nosa Señora do Faro, comprometido e respectuoso coa contorna, que promove os hábitos de vida saudables e o contacto coa natureza. Este novo recoñecemento chega un ano despois da consecución do galardón ?Líderes en calidade?, outorgado pola Fundación Expourense en recoñecemento e ese modelo de xestión.

Concello de Ponteceso