Concello de Ponteceso

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Estudantes de Ponteceso poden optar ás Becas EDP Renováveis para familias con poucos recursos económicos

. O prazo de solicitude estará aberto do 4 ao 20 de novembro
. As familias interesadas deben poñerse en contacto coa educadora familiar

Co obxectivo de apoiar economicamente o desenvolvemento educativo dos alumnos/as cuxas familias se atopan en situación desfavorecida, a Fundación EDP, pertencente á empresa de enerxía eólica EDP Renováveis, vén de presentar no Concello de Ponteceso o seu programa anual de becas escolares, dirixido a estudantes de infantil, primaria e secundaria, así como a mozos/as universitarios/as ou que vaian a comezar os seus estudos superiores.

Esta iniciativa, enmarcada no proxecto Green Education, consiste na dotación de bolsas de estudo para escolares que conten con boas cualificacións académicas e pertenzan a familias con baixos recursos económicos, residentes nos municipios nos que a compañía estea presente, como é o caso do noso municipio.

O programa, que conta coa colaboración do Concello de Ponteceso a través do Departamento de Educación Familiar, contempla a concesión, como mínimo, dunha beca por cada ciclo educativo cun importe económico que variará dos 500 aos 2.000€, en función do nivel académico cursado.

Así, a contía establecida para os ciclos de infantil, primaria e secundaria ascende a 500 € brutos mentres que para bacharelato e formación profesional é de 1.000 €. Aos estudantes universitarios corresponderanlles as bolsas máis cuantiosas, que serán de 2.000 €.
A elección dos beneficiarios/as correrá a cargo da empresa EDP mediante unha coidadosa selección realizada entre todas as solicitudes recibidas.

As familias interesadas poderán solicitar as becas no Departamento de Educación Familiar achegando a seguinte documentación:
 Formulario de solicitude cumprimentado
 Carta do candidato/a explicando o motivo polo que solicita a beca
 Fotocopia do libro de familia, ou do título de familia numerosa se é o caso
 Fotocopia da folla de notas do curso 2018/2019
 Fotocopia da matrícula para o curso 2019/2020
 Fotocopia da declaración da renda do pai e da nai correspondente ao ano 2018 ou documento que probe os ingresos obtidos o ano pasado
 Xustificante dos ingresos mensuais do pai e da nai

O prazo de solicitude estará aberto do 4 ao 20 de novembro. Para máis información, os/as interesados/as poden poñerse en contacto coa educadora familiar, Loli Blanco, de luns a xoves na súa oficina do Concello de Ponteceso ou a través do teléfono 888 983 223, e os venres na oficina municipal de Corme ou a través do teléfono 981 738 428).

  •  Provisión postos de traballo
  • Portal de Transparencia
  • Acceso á Oficina Virtual Tributaria
  • Programación Inverno 2019-2020
  • Bonos sociais
  • O noso Entroido é o mellor
  • Vota polo Entroido de Ponteceso!
  • Promoción Turístico de Galicia
  • Servizo Nomalización Lingüística
  • Solicitude de visitas guiadas
  • Acceso á web da Biblioteca Municipal do Concello
  • Protección Civil
  • Cultura e deportes en imaxes
  • Liga Municipal de Fútbol Sala
  • Liga Municipal de Ping Pong
  • Liga Municipal de Tenis
  • Liga Municipal de Fútbol Sala Veteranos
  • Costa Bergantiñá
  • Inscrición en liña nas actividades do Concello
  • Servicio de alertas por sms
Concello de Ponteceso