Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

A muller é unha das grandes protagonistas do Ciclo de Teatro de Ponteceso na súa 26ª edición

? As funcións terán lugar todos os sábados de novembro, ás 22.30 horas, no salón de actos do Edificio das Escolas
? Xa podes reservar as entradas na Tesourería do Concello

A muller será este ano unha das grandes protagonistas do Ciclo de Teatro de Ponteceso, que celebrará en novembro a súa 26ª edición e que nos permitirá realizar, ao longo de todo o mes, un percorrido polo teatro galego máis actual. As compañías A Panadaría, Mofa&Befa, Talía Teatro, Malasombra e Señora Supina achegarannos as súas propostas para un público xuvenil e adulto. Se non queres perderte ningunha función reserva xa a túa entrada e prepárate para desfrutar do programa que detallamos de seguido.

2 de novembro
?Elisa e Marcela? ? A Panadaría

9 de novembro
?Cinco mulleres que comen tortilla? ? Señora Supina

18 de novembro
?Bernarda? ? Malasombra Producións

23 de novembro
?Cranios privilexiados? ? Mofa & Befa

30 de novembro
?Vida de cans? ? Talía Teatro

Toda a información sobre cada un dos espectáculos atoparala no folleto que podes descargar máis abaixo.

As funcións celebraranse todos os sábados ás 22.30 horas no salón de actos do Edificio das Escolas. A venda de entradas realízase xa na oficina de Tesourería, na Casa do Concello. O prezo é de 3,06?.


Descargas asociadas


Concello de Ponteceso