Concello de Ponteceso

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

A Concellaría de Servizos Sociais inicia un amplo programa de actividades para fomentar a vida activa das persoas maiores

Ademais das sesións de baile semanais, que arrincan este domingo, este ano tamén haberá clases de baile de salón e cursos para aprender a usar os teléfonos móbiles

A Concellaría de Servizos Sociais de Ponteceso está decidida a fomentar un estilo de vida san e activo entre as persoas maiores, e con esa finalidade vén de deseñar un amplo e variado programa de actividades que comezará esta mesma fin de semana e que se estenderá con distintas propostas ao longo de todo o curso.

Este domingo volven os bailes ao Edificio das Escolas de Ponteceso e ao Fogar do Pensionista da Casa do Mar de Corme. Comezamos con Judith e Javi, os compoñentes do Dúo Impacto, que animarán a sesión do 3 de novembro, pero xa temos as actuacións de todo o mes: o día 10, Dúo Madaira; o 17, Dúo Sintonía, e o 24 en Corme, Dúo Marineda. E, coma sempre, moita diversión de 18.00 a 21.00 horas.

Pero este ano traemos novidades. Ademais da música en directo, este domingo empezaremos coas clases de baile para todas e todos, sen necesidade de inscrición previa. Serán de 18.00 a 18.45 horas, e despois dun breve descanso poderedes seguir practicando xa a partir das 19.00 horas cos dúos musicais. E, ademais, o público disporá dun servizo de cafetería a baixo custo que funcionará durante toda a tarde.

Pero ademais de activar o corpo, o departamento de Noelia Varela tamén convida ás persoas maiores a activar a mente. E a primeira iniciativa que se porá en marcha será un curso para aprender a utilizar os teléfonos móbiles: pedir cita no médico, conectarse a Internet, utilizar as redes sociais, facer e enviar fotos... Haberá dous grupos en Ponteceso, os martes e xoves, de 17.00 a 19.00 horas, na Biblioteca Municipal, e outro en Corme, os luns, co mesmo horario, na Casa do Mar. Se estás interesado/a inscríbete canto antes chamando aos teléfonos 881 983 045 (Ponteceso) ou 981 738 428 (Corme), porque os cursos empezan o día 7 en Ponteceso e o 11 en Corme.

  •  Provisión postos de traballo
  • Portal de Transparencia
  • Acceso á Oficina Virtual Tributaria
  • Programación Inverno 2019-2020
  • Bonos sociais
  • O noso Entroido é o mellor
  • Vota polo Entroido de Ponteceso!
  • Promoción Turístico de Galicia
  • Servizo Nomalización Lingüística
  • Solicitude de visitas guiadas
  • Acceso á web da Biblioteca Municipal do Concello
  • Protección Civil
  • Cultura e deportes en imaxes
  • Liga Municipal de Fútbol Sala
  • Liga Municipal de Ping Pong
  • Liga Municipal de Tenis
  • Liga Municipal de Fútbol Sala Veteranos
  • Costa Bergantiñá
  • Inscrición en liña nas actividades do Concello
  • Servicio de alertas por sms
Concello de Ponteceso