Concello de Ponteceso

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O goberno local impulsa un proxecto de reforma integral do Edificio das Escolas para crear un ximnasio e un auditorio

• O proxecto encargado polo Concello de Ponteceso supera os 800.000 euros
• O alcalde xa solicitou cadansúa entrevista cos presidentes da Xunta e da Deputación para pedir a colaboración económica de ámbalas administracións

O goberno municipal de Ponteceso está decidido a acometer un proxecto de reforma integral do Edificio das Escolas para reconvertelo nun novo complexo cultural e deportivo que permita dar resposta ás necesidades actuais. Deste xeito, na planta baixa situaríase un ximnasio e nas superiores, un auditorio con capacidade para máis de 400 persoas.

Debido ao elevado orzamento da actuación, cuantificada xa en 814.013,17 euros, o alcalde, Lois García Carballido, vén de solicitar cadansúa entrevista cos presidentes da Xunta e da Deputación coa intención de conseguir a colaboración económica de ámbalas administracións.

O proxecto contempla reconversión da planta baixa nun ximnasio que, tal como avanza a concelleira de Deportes, Raquel Fondo, abriría de luns a domingo de 06.00 a 23.00 horas para facilitar a práctica deportiva a todos os sectores da poboación, e que ademais inclúe salas de cardio, pesas, spinning, kickboxing e judo.

Pero o groso do investimento corresponderá á construción dun auditorio con máis de 400 butacas, distribuídas en dúas alturas. De feito, o Concello de Ponteceso vai realizar de inmediato as probas precisas para comprobar se a estrutura existente é compatible coa elevación da cuberta para aumentar a capacidade do auditorio.

A concelleira de Cultura, Ana Pérez Imia, e o alcalde, consideran que o emprazamento é idóneo dada a súa posición central na área educativa. De feito, o alumnado do CEIP Eduardo Pondal non tería nin que saír do recinto escolar para acceder ao auditorio, e o alumnado do IES só tería que cruzar a rúa, de xeito que se optimizaría o seu uso tanto dende o punto de vista educativo coma da celebración de xornadas, conferencias e simposios.

O auditorio localizaríase, polo tanto, na segunda planta e na ampliación desta última en altura. A segunda albergará o escenario, os camerinos e os espazos anexos precisos na escena, ademais de recibidor, aseos, almacéns e zona de recepción. O patio de butacas realizarase en pendente entre as dúas plantas.

A actuación tamén afectará á envolvente do edificio para mellorar as súas condicións térmicas e acústicas. E, a maiores, estase a barallar a posibilidade de aproveitar os patios dos extremos, que agora carecen de uso, para construír un ascensor adaptado ao tamaño do auditorio e unha escaleira de emerxencias.

O proxecto de reforma integral do Edificio das Escolas está motivado por un interese local, comunitario e social, xa que o novo equipamento potenciará as actividades culturais e deportivas, permitirá incrementar a oferta educativa, converterase nun foco de atracción comarcal e contribuirá á dinamización económica da vila.

  •  Provisión postos de traballo
  • Portal de Transparencia
  • Acceso á Oficina Virtual Tributaria
  • Programación Inverno 2019-2020
  • Bonos sociais
  • O noso Entroido é o mellor
  • Vota polo Entroido de Ponteceso!
  • Promoción Turístico de Galicia
  • Servizo Nomalización Lingüística
  • Solicitude de visitas guiadas
  • Acceso á web da Biblioteca Municipal do Concello
  • Protección Civil
  • Cultura e deportes en imaxes
  • Liga Municipal de Fútbol Sala
  • Liga Municipal de Ping Pong
  • Liga Municipal de Tenis
  • Liga Municipal de Fútbol Sala Veteranos
  • Costa Bergantiñá
  • Inscrición en liña nas actividades do Concello
  • Servicio de alertas por sms
Concello de Ponteceso