Concello de Ponteceso

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Publicada no BOE unha notificación a varios propietarios afectados polas normativas que regulan a xestión da biomasa

O Boletín Oficial do Estado (BOE) do 26 de novembro publicou unha notificación colectiva para a xestión da biomasa cunha relación de titulares aos que non se puido localizar por outros medios.

No anuncio establécese un prazo de 15 días naturais, que empezan a contar hoxe, 27 de novembro, para que as persoas titulares das referencias catastrais que se relacionan procedan á xestión da biomasa.

O expediente administrativo completo pode consultarse nas oficinas xerais do Concello de Ponteceso de luns a venres de 09.00 a 14.00 horas.

Descargas asociadas


Concello de Ponteceso