Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Vinte persoas iniciarán mañá o obradoiro de dinamización do cooperativismo promovido polos concellos de Cabana e Ponteceso

A formación, de carácter gratuíto, desenvolverase no Centro Cultural de Ponteceso

Vinte persoas iniciarán mañá martes o obradoiro de dinamización do cooperativismo promovido polos concellos de Cabana de Bergantiños e Ponteceso dentro do programa de actuación 2020 da Rede Eusumo. Esta actividade formativa, que está recoñecida pola Consellería do Mar para o baremo da actividade marisqueira, contará coa participación de veciños e veciñas dos municipios de Ponteceso (9), Cabana (8), Malpica, Laxe e Dumbría.

Esta primeira edición consta de 4 sesións de cinco horas de duración (de 10.00 a 15.00 horas) que se desenvolverán os días 3, 5, 10 e 12 de decembro no Centro Cultural de Ponteceso, pero está previsto organizar un segundo obradoiro en Cabana. A formación é gratuíta.

Programa do curso
Módulo 1| Analizando o noso sector. Presentación. Diagnose e problemática do sector. Cooperar.

Módulo 2| Por que pode axudarnos o cooperativismo? A cooperativa e os principios cooperativos. Tipoloxías de cooperativas. Organización cooperativa. Réxime económico das cooperativas. Diagnose do cooperativismo en Galicia.

Módulo 3| Plan de obxectivos e liñas de acción. Presentación de boas prácticas cooperativas no sector. Elaboración de obxectivos comúns coherentes coa diagnose. Elaboración e temporalización de liñas de acción para acadar os obxectivos comúns.

Módulo 4| Recursos no cooperativismo. As utilidades da fórmula cooperativa e o movemento cooperativo na consecución dos obxectivos e no desenvolvemento das liñas de traballo propostas. Outros apoios e axudas para o desenvolvemento do sector a través da fórmula cooperativa. Conclusións. Avaliación do obradoiro.

Concello de Ponteceso