Concello de Ponteceso

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O departamento de Servizos Sociais de Ponteceso ofrece vales de Nadal para axudar ás familias con baixos recursos económicos

O prazo para presentar as solicitudes xa está aberto

A través do departamento de Servizos Sociais, o Concello de Ponteceso vén de facer publica unha nova convocatoria para a concesión de vales de Nadal dirixidos ás familias en situación de vulnerabilidade social do noso municipio. Así, desde a concellería que dirixe Noelia Varela preténdese contribuír a aliviar a carga económica extraordinaria que leva consigo a chegada da época de maior consumo do ano coa finalidade de garantir as necesidades básicas dos veciños e veciñas con menos recursos.
Deste xeito, os beneficiarios/as recibirán un cheque, por valor de 60 ?, para realizar a súa compra de Nadal nun supermercado da nosa localidade.

Para poder optar a ditas axudas será imprescindible aportar a seguinte documentación nas oficinas municipais do Concello:
· Impreso de solicitude
· DNI de todos os integrantes da unidade familiar.
· Volante de empadroamento (a solicitar no momento da presentación).
· Certificado de ingresos de todos os membros da unidade familiar (nóminas, certificado de prestación e/ou pensión, etc.).
· Calquera outra documentación obxecto de valoración para acreditar a situación de especial vulnerabilidade.

As persoas interesadas xa poden solicitar ditas axudas no departamento de Servizos Sociais do Concello de Ponteceso.

Concello de Ponteceso