Concello de Ponteceso

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O luns 16 abrirá o prazo de inscrición para o curso de informática para maiores que organiza o departamento de Servizos Sociais en Ponteceso e Corme

As clases arrincarán o 7 de xaneiro na Biblioteca Municipal e o 13 na Casa do Mar

Despois do gran éxito de participación que tiveron os cursos para aprender a usar os teléfonos móbiles, o departamento de Servizos Sociais de Ponteceso porá en marcha, tras as vacacións de Nadal, novas accións formativas para continuar achegando nosos maiores ás novas tecnoloxías e ofrecer así atractivas propostas para encher de diversión e aprendizaxe o seu tempo de lecer.

Nesta ocasión, a concellería que dirixe Noelia Varela ofrecerá á veciñanza un curso de informática para poñerse ao día no uso e manexo dunha das ferramentas máis útiles e imprescindibles no desenvolvemento da nosa vida cotiá. As clases arrincarán en Ponteceso o 7 de xaneiro mentres que en Corme farano o día 13. No primeiro caso, haberá dous grupos, os martes e mércores, de 17.00 a 19.00 horas na Biblioteca Municipal. No segundo, será os luns, no mesmo horario, na Casa do Mar.

As persoas interesadas en participar deberán inscribirse a partir do luns 16, ben achegándose ao departamento de Servizos Sociais ou chamando ao 881 983 045 (Ponteceso) e 981 738 428 (Corme).

Anímate e anótate canto antes!

Concello de Ponteceso