Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

A Casa dos Veciños de Pazos acolle dúas actividades para mulleres organizadas pola área de Igualdade

? O mércores 12 haberá un taller de risoterapia e o xoves 13, teatro feminista
? Non precisas inscribirte. Achégate ás 17.00 horas e participa!

A Concellería de Servizos Sociais e Igualdade, en colaboración coa Federación de Asociacións de Mulleres Rurais (Fademur) organiza para a semana que vén dous novidosos e divertidos obradoiros para mulleres co obxectivo de achegar diferentes propostas para o seu tempo de ocio, capaces de entreter, formar e activar corpo e mente ao mesmo tempo.

A primeira actividade terá lugar o mércores 12 e consistirá nun taller de risoterapia, co que se pretende lograr a desinhibición e a risa das participantes a través da expresión corporal, os xogos, os bailes e a interpretación. Unha excelente practica para liberar o estrés e as tensións físicas e psicolóxicas.

A segunda, non menos interesante, achegaranos o xoves 13 ao teatro feminista para amosarnos a linguaxe do corpo como vehículo e fórmula de comunicación humana e aprender así a expresar e sentir de forma consciente, plena e igualitaria.

Ambas actividades, dirixidas ás mulleres de todo o concello, desenvolveranse na Casa dos Veciños de Pazos de 17.00 a 18.30 horas. Nesta ocasión, desde o departamento que dirixe Noelia Varela sinalan que para participar non é necesaria inscrición previa, polo que as interesadas non teñen máis que achegarse ata o local ao comezo de cada sesión e.... desfrutar a tope destas experiencias! Agardámosvos a todas!

Concello de Ponteceso