Concello de Ponteceso

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O Concello de Ponteceso primará na adxudicación de obras ás empresas que aposten pola estabilidade no emprego e a igualdade

O Concello de Ponteceso quere ir un paso máis aló no seu traballo a prol da igualdade e do benestar social premiando ás empresas que fomenten a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres e a estabilidade no emprego.

Con ese obxectivo, a concelleira de Igualdade, Noelia Varela, e o concelleiro de Obras, Miguel Ángel González, que visitaron hoxe os traballos de pavimentación do núcleo de Nemeño, anunciaron que a partir de agora os pregos de contratación de obras reservarán 20 puntos sobre 100 para as empresas que aposten pola igualdade de oportunidades e pola estabilidade no emprego.

Deste xeito “premiarase” con máis puntos a aquelas empresas que teñan máis traballadores/as fixos/as, maior porcentaxe de mulleres nos seus equipos de traballo e plan de igualdade en vigor.

Concello de Ponteceso