Concello de Ponteceso

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Comezou o reparto dun kit de protección composto por mascarilla, luvas e xel hidroalcoholico para todos os habitantes do concello

• O Concello de Ponteceso conta coa colaboración de Protección Civil e dun grupo de costureiras voluntarias que confeccionaron as mascarillas, lavables e reutilizables
• A distribución farase casa por casa ao longo dos vindeiros días

Teresa, Charo, Oliva, Angelita, Sara, Vanesa, Loli, Sandra, Lorena, Claudina, Teresa, Luci, Laura, Maruja, Lola, Rosario, Chelo, Rosa, Sita, María José, Mari Carmen, Olga, Pilar, Maruja, Mercedes, Rosiña e Rosario son os nomes das costureiras voluntarias que van contribuír a que todos os veciños e as veciñas de Ponteceso esteamos un pouco máis protexidos fronte ao COVID-19.

O Concello de Ponteceso iniciou onte o reparto, casa a casa, dun kit de protección composto por un par de luvas, unha bolsiña de xel hidroalcohólico e unha mascarilla lavable e reutilizable. O noso agradecemento ao taller de Manuela e a todas as costureiras que participaron na confección das mascarillas, así como a Open Wash por lavalas e desinfectalas e a Extincarclima de Santa Comba por achegarnos os sobres de xel hidroalcohólico dende O Porriño.

Ademais das costureiras, o Concello de Ponteceso conta coa inestimable colaboración do voluntariado de Protección Civil, que cada día embolsa máis de 1.000 mascarillas, 2.000 guantes e 4.000 bolsiñas de xel, e que tamén se encargará da distribución casa a casa.

Concello de Ponteceso