Concello de Ponteceso

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Comeza a iniciativa Camiñar na noite

Estes paseos comezarán hoxe, venres 3 de xullo, en horario de 22:30 horas a 01:00 horas, cunha duración aproximada de 6 km.

A Área de Turismo do Concello de Ponteceso pon en marcha a iniciativa “Camiñar na noite”, composta por unha serie de paseos nocturnos ao longo do municipio que se levarán a cabo cada venres desde hoxe, venres 3 de xullo, ata o 21 de agosto. Todos terán unha duración aproximada de 6 quilómetros, nun horario de 22:30 horas a 01:00 horas.

O primeiro destes paseos terá como punto de partida e de chegada a praza do Recheo, e para poder participar é necesario inscribirse previamente, posto que as prazas son limitadas. Para isto, pódese contactar coa Área de Turismo do Concello, no teléfono 981 714 000. As persoas que estean empadroadas no concello terán prioridade.

Á hora de realizar esta actividade, é imprescindible levar máscara, unha lanterna e un chaleco reflector, así como manter en todo momento a distancia de seguridade. Ademais, os menores de idade terán que levar unha autorización ou ir acompañados dunha persoa maior de idade.

Concello de Ponteceso