Concello de Ponteceso

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Comeza a iniciativa Camiñar na noite

Os 23 participantes seguiron en todo momento as normas de seguridade e prevención do COVID-19.

Onte, venres 3 de xullo, celebrouse a primeira saída da iniciativa Camiñar na noite, impulsada pola Área de Turismo do Concello de Ponteceso. Este por Javier Couto.

Antes da saída da ruta, Clara Amado interpretou no lugar de inicio a canción “Aleluya”. Tras esta interpretación, os camiñantes dirixíronse cara á Fundación Pondal, onde realizaron a primeira parada e foron recibidos polo grupo de gaitas Xa Era Hora.

Tras isto, dirixíronse ao conxunto etnográfico e natural de A Brixería como segunda parada, desde onde partiron cara a igrexa de San Bernardo da Graña. Alí, os asistentes degustaron un delicioso chocolate. Finalmente, a ruta rematou na praza do Recheo.

As condicións meteorolóxicas da noite foron estupendas, e púidose apreciar unha Lúa case chea. Durante todo o percorrido, as 23 persoas que asistiron respectaron as medidas de seguridade para a prevención do COVID-19, e estiveron acompañadas por membros de Protección Civil.

Concello de Ponteceso