Concello de Ponteceso

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Ponteceso aposta forte polo interese mobiliario das casas e núcleos rurais

O Concello de Ponteceso redobrou onte, venres 14 de agosto, a aposta máis forte da historia do
municipio en varios frontes, todos relacionados coa idea de incentivar a adquisición, reforma ou
construción de casas.
Obras para mellorar o interese mobiliario e mellorar a calidade de vida dos residentes
EN EXECUCIÓN. Rúa de acceso do Petón aos Seixos de Tella, 190.000 euros. Finalizada ao 75%.
Os 190.000 euros do sobreancho do Petón a Tella, en execución , inclúen uns enormes tubos de
ponte do Rego de Tella. O máis difícil, o retranqueo dos postes de electricidade, que hai que
xestionar con Naturgy.
EMPEZA A OBRA A SEMANA QUE VÉN. Adxudicada en 106.734 euros (prezo de saída 144.438
euros) xa con IVE. Aglomerado en Sergude de arriba e abaixo, en Xornes, con tubo soterrado de
pluviais e cuneta de formigón. Pavimentación en Bardaio e cuneta de formigón, caz prefabricado
e incluso unha canalización soterrada de pluviais. De Bardaio a Riotorto, case un quilómetro de
aglomerado e parte en cuneta de formigón. Tamén imos levar a auga municipal de Figueiroa, a
Bardaio.
EMPEZA A OBRA A SEMANA QUE VÉN. Adxudicada en 150.451 euros (prezo de saída 189.012
euros) xa con IVE. Pavimentación e reposición de servizos en varias rúas, no contorno da rúa do
Sol de Corme. E pavimentación do Alto da Costa de Corme Aldea.
CONTRATOS QUE SAEN HOXE A CONCURSO NO NOSO PERFIL, VINTE DÍAS NATURAIS PARA
PRESENTAR OFERTAS.
209.000 euros. Niñóns 295m2 de formigón desactivado de 15 cm de espesor, 60m de tubaxes
de saneamento e separadas as pluviais. 45m de rúa en aglomerado con sobreancho de 1,6m
grazas á cesión dos veciños, e un enorme muro de perpiaño de ata 3 metros de alto. Incluso leva
185m de canalización soterrada de alumeado público. Tella rúa en formigón espesor 15cm e
máis de cen metros de canalizacións. Pazos de arriba, máis dun quilómetro de aglomerado e
solución ao problema da falla de recollida de pluviais.
55.480 euros. Mellora no contorno do local social dos Seixos de Tella. Mellora do camiño ao
local e á escola. 250m2 de pavimento de formigón coloreado de 15cm de espesor. 265m de nova
rede de saneamento. Tella, rúas no Petón. 645m2 de aglomerado de 5 cm. 30m de caz, 9m de
tubaxe de pluviais e 30 de cuneta formigonada. Langueirón, 125m de aglomerado en quente
4,5m de ancho.
Contratación dun segundo funcionario interino: técnico de urbanismo
O luns empezará a traballar a pleno rendemento. Por primeira vez na historia, Ponteceso terá
dous técnicos de urbanismo.
O gran interese inmobiliario que se espertou despois do confinamento resultou nunha
avalancha de solicitudes de licencia e comunicacións previas tanto para obras maiores, nova
construción, como reforma e licencias de actividade.
"Para responder a esta demanda e non ter agardando aos que queren investir en Ponteceso,
tiramos da bolsa de emprego de arquitectos técnicos que temos en vigor e contratamos un
segundo técnico por 6 meses como funcionario interino",manifestou o alcalde.
Con esta contratación o Concello vai ser máis áxil na concesión de licencias. "Ponteceso pasou
de ter un técnico de urbanismo a media xornada a un a xornada completa, hoxe temos dous
técnicos, o gran interese por edificar e rehabilitar as casas do rural teñen que ter unha resposta
polo Concello".
"Ogallá fora máis tempo, pero de momento por acumulación de tarefas este programa nos
permite 6 meses, imos ver se así animamos aínda máis o mercado inmobiliario".
Como di o expediente "Considérase amplamente xustificada na providencia de data 5 de Agosto
de 2020 a necesidade urxente e inaprazable, así como a excepcionalidade da prevision por
medio de funcionario interino da praza de Arquitecto Técnico, consonte ao disposto no artigo
10.d) do RDL 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o Estatuto Básico do Empregado
Público, o cal dispón: “
“Artigo 10 Funcionarios interinos: son funcionarios interinos os que, por razóns expresamente
xustificadas de necesidade e urxencia, son nomeados como tales para o desempeño de funcións
propias de funcionarios de carreira, cando se dea algunha das seguintes circunstancias: (...) d) O
exceso de acumulación de tarefas por prazo máximo de seis meses, dentro dun período de doce
meses”.
Para o alcalde é importante “transmitir a idea de que en Ponteceso as solicitudes de licencia
resólvense rapidamente e con seguridade xurídica”.
Entrega en aluguer da primeira vivenda dos mestres na Trabe
A isto únese a entrega da primeira das dúas vivendas dos Mestres que se reformaron. A
inquilina, unha traballadora do pequeno comercio local. A outra vivenda segue dispoñible..
Renovación do alumeado en todo o Concello
Moi pronto o Concello vai adxudicar o contrato para a redacción, dirección de obra e
coordinación de seguridade e saúde dun contrato de dous millón cincocentos mil euros para
poñer luminarias novas en todo Ponteceso.

Concello de Ponteceso