Concello de Ponteceso

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O Concello de Ponteceso notifica positivos por covid-19

Non hai brote de Covid-19 no noso Concello, son casos que derivan de brotes doutros municipios. Por Sanidade, estase facendo o seguimento para que os casos estean illados e os contactos en corentena. Recordemos a importancia de respectar as normas.
Temos de fontes oficiais 5 positivos de Covid-19, 4 en Corme Porto no mesmo domicilio, e 1 na parroquia de Cores. Poñémonos a disposición deles para todo o que precisen e desexámoslles unha evolución favorable.
Puxémonos en contacto con Sanidade e estamos á espera do que nos ordenen, con total colaboración.
Queremos dar unha mensaxe de tranquilidade, pero incidir moito na prevención, distancia social, hixiene e aforos, o Concello vai aumentar a vixilancia e Desinfección. Atentos e atentas nos locais de uso público. Pedimos á xerencia de cada local moita desinfección nas superficies, asas, asentos e mobiliario de acceso ao público. Sobre todo nos baños.
Ata novo aviso o Concello segue cumprindo o protocolo anti covid-19 nas tres praias con bandeira azul, por exemplo desinfectando baños 6 veces por día.
Por precaución, suspéndense os mercados de Corme Porto, e as actividades municipais cara o público en Corme e Cores, como os 2 campamentos do Concilia nesas parroquias.
Cada día publicaremos os datos oficiais e recomendacións, nunca bulos, que nos vaian facilitando.
O Concello funciona cara o público de 09 a 14hs con cita previa no 98171400 ou na web municipal Ponteceso.gal, e as 24hs pola sede electrónica. Temos formado un gabinete de crise con Protección Civil de Ponteceso. Os concelleiros e concelleiras da oposición foron informados.
Lembremos as medidas establecidas pola Xunta para toda Galicia ante a evolución da crise sanitaria:
• Discotecas e outros locais de lecer nocturno permanecerán pechados.
• Os establecementos de hostalaría e restauración non poderán pechar máis tarde das 01:00 horas. Último cliente admitido, ás 00.00 horas.
• Só se poderá fumar na vía pública ou en espazos ao aire libre no caso de garantir a distancia de seguridade interpersoal.
• consumo dentro dos locais poderá realizarse en barra ou sentado en mesa, garantindo sempre a distancia de seguridade interpersoal. A ocupación por mesa será de máximo 10 persoas, respectándose entre elas a distancia.
Recoméndase:
• Restrinxir os encontros sociais fóra do grupo de convivencia estable.
• Limitar as reunións a un máximo de 10 persoas.
Máis información
https://coronavirus.sergas.gal/
Sorte e saúde.

Concello de Ponteceso