Concello de Ponteceso

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Últimos días para solicitar o Ingreso Mínimo Vital

O próximo 15 de setembro remata o prazo para solicitar o Ingreso Mínimo Vital. Estas peticións terán efecto retroactivo dende o 1 de xuño.

As persoas interesadas deben presentar a seguinte documentación:
- DNI ou NIE
- Acreditación da residencia legal en España
- Certificado de empadroamento colectivo e histórico no que consten todas as persoas e datas de empadroamento no domicilio e data de antigüidade.
- Libro de familia que acredite a filiación das persoas que forman parte da unidade de convivencia.
- Declaración responsable de ingresos e patrimonio
- Outra documentación que poida ser necesaria en determinados casos (sentenza de garda e custodia, convenio regulador , copia da demanda de separación ou divorcio…)

Formas de presentación da solicitude:
- Solicitude telemática na sede electrónica da Seguridade Social: formulario con identificación electrónica ou formulario sen identificación electrónica
- Presencialmente, con cita previa, no Centro de Atención e Información da Seguridade Social. O teléfono da oficina de Carballo é o 981 700 158.

Para máis información:
- Teléfono gratuíto 900 20 22 22
- Web da Seguridade Social www.seg-social.es

Ligazóns recomendadas


Concello de Ponteceso