Concello de Ponteceso

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O Concello de Ponteceso pon en marcha un servizo de recollida e reciclaxe de residuos urbanos especiais

O servizo presentarase o próximo luns, 14 de setembro, e realizarase mediante o sistema “porta a porta”

O Concello de Ponteceso comezará o próximo luns, 14 de setembro, o proceso de implantación dun servizo de recollida e reciclaxe de residuos urbanos especiais, isto é, residuos que polas súas características precisan dun tratamento especial á hora de someterse ao proceso de reciclaxe. Estes residuos son fundamentalmente aceites de cociña, graxas e mantecas, pilas e baterías, bombillas, electrodomésticos e electrónicos pequenos do fogar, consumibles de impresoras, residuos téxtiles e roupa, e restos metálicos pequenos do fogar.
O proceso de implantación consistirá na recollida de aceita vexetal usado porta a porta, na entrega do díptico e dun adhesivo coa data de recollida prevista e nunha charla informativa porta a porta.
As rutas orientativas serán as seguintes:
• LUNS 14 DE SETEMBRO: comezarase na estrada de Corme (xunto á ponte) pasando por: Cedeira, Carracido, Couto, Cospindo, A Brixería, Curras, A Matigueira, Balarés, Guxín, Xomonte e iniciaremos Corme Aldea.
• MARTES 15 DE SETEMBRO : Corme Aldea, Froxan, O Picoto, Corme Porto(C/Vila de Garcia, Camino Paseo Marítmo, Estrada Ponteceso, C/ Rio de Arriba).
• MÉRCORES 16 DE SETEMBRO: Corme Porto (c/ Carretera Roncudo, C/Arnela, Barrio Campo, C/Real, C/ Nova, Travesía Nova).
• XOVES 17 DE SETEMBRO: Corme Porto (C/Nova, C/ Paxariñas, Barrio Regadiños, C/ Agra Rodríguez, Barrio Fontiña, Roncudo, As Regadiñas, As Pedras Miúdas, C/Condes, C/Carral, Paseo Marítimo).
• VENRES 18 DE SETEMBRO: Corme Porto( C/ Coroto, C/ Xeneral Mourelle, C/ Sol, Paseo Marino, AV Mariña, Barrio Remedios, C/Hortas, C/Crego, C/Fontiñas, C/ Real, Praza do pan, Barrio Fontiñas).
• LUNS 21 DE SETEMBRO : Carballido, As Gurichas, Lestimoño, C/ Crucero, C/Concello, C/ Cuartel, C/ Aduana.
• MARTES 22 DE SETEMBRO :Praza Relleno, C/Paseo Fluvial, Polígono paseo fluvial, Av. Eduardo Pondal, Av. Anllons
• MÉRCORES 23 DE SETEMBRO: Av. Anllons, Barrio Juncal, C/Teresa Mosqueira Manso, C/Eduardo Blanco Amor, Praza Campo da Feira, C/Veda, Barrio Trabe
• XOVES 24 DE SETEMBRO: Av. Bergantiños, Rueiro, Aldea Tella, Tella.
• VENRES 25 DE SETEMBRO: Aldea Tella, Anllons, A Garga, C/ Cuñarros.
• LUNS 28 DE SETEMBRO: A Gándara, Seixos, Petón, Poligono Tella, Tallo, Vilasuso, O Rieiro
• MARTES 29 DE SETEMBRO: Bugalleira, Ameixenda, Rebordáns, As Salgueiras, Os Melcos, Langueiron, A Vitureira, Ardabón.
• MÉRCORES 30 DE SETEMBRO: A Ponte Dona, Xornes, Pazos.
• XOVES 1 DE OUTUBRO: Pazos, Riotorto, Limiñoa, O Barreiros, Cores, Viladesuso, Figueiroa, A Costa.
• VENRES 2 DE OUTUBRO : A Campara, Santa Cruz, Os Torrados, A Lamela, Miraflores, O Castro.
• LUNS 5 DE OUTUBRO : O Rueiro, Os Anxeles, Brantuas de Arriba, Casas de Espereira, Brantuas de Abaixo.
Unha vez implantado, o proceso de recollida realizarase través do sistema porta a porta. A empresa encargada da recollida entregará un adhesivo coa data de recollida para lugar concreto. O día previsto para a recollida, antes das 09.00 horas, deberán deixarse os residuos fóra da vivenda ou edificio, nun lugar accesible. Os restos de aceite depositaranse no bidón de cada domicilio, e os outros residuos deberán depositarse en bolsas ou caixas.
Todos os residuos recollidos transportaranse á planta de reciclaxe Collecting Oil, no parque industrial de Bértoa. Cada residuo será sometido a un proceso de reciclaxe individual segundo as súas características.

Concello de Ponteceso